9 abr 2014
Paranoias
O outro día iba camiñando pola rúa, era noite pechada, e admítoo, sou unha persoa medorenta e empecei a tremer. Estaba chegando ao supermercado, cando, de súpeto, sentín un ruído, coma unha porta pechada moi rápido dun golpe, sentín moito medo e un calafrío subiume pola barriga arriba, seguín camiñando, cada vez máis rápido, cruzóuseme un gato negro, e como sou algo supersticiosa, din tres pasos atrás. Estaba todo baleiro e so vianse as luces das farolas que alumbraban un pouco a rúa. Empecei a talexar. Cando cheguei ao meu portal, vin como salía alguén e provocoume tal susto que deume un esvaecemento e caín ao chan. Menos mal que era o meu pai e colleume en brazos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario