30 sept 2013
A célula
Este vídeo resume o que é unha célula e as súas funcións:
Para ampliar información sobre a célula eucariota visita este magnífico recurso
Nesta páxina do departamento de CCNN do IES Suel hai unhas boas actividades e exercicios de repaso
26 sept 2013
Novo curso. Novo blog!
Comeza o curso 2013/2014. O alumnado do Programa de Diversificación Curricular de 3º de ESO empeza unha andadura, que durará dous anos académicos, cunha organización distinta á que viñan afeitos e cunha metodoloxía específica para atender ás necesidades dun alumnado con diversidade de necesidades, aptitudes, intereses e expectativas. (+ info sobre os P.D.C.)
Este blog de aula nace coa pretensión de que sexa o propio alumnado o que, en gran parte, se ocupe da súa actualización coa publicación de traballos, informacións e actividades que se vaian realizando. Pretende ser un espazo de reunión de información, de reflexión, de debate, de compartir proxectos e ideas, de titoría e de recopilación de recursos. Perseguimos que se convirta, ante todo, nunha ferramenta de aprendizaxe, de creación, de comunicación e de colaboración.
Recordemos que en todo momento debemos:

- Ser respetuosos
- Expresarnos correctamente
- Aceptar críticas (que deben ser sempre construtivas)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)