Magnitudes:
Se imos ao supermercado pedimos 150 gramos de xamón, 1 quilo de carne, 1 litro de leite, etc. Estamos empregando distintas medidas
Unha magnitude é todo o que pode ser medido, por exemplo o tempo, a masa, a lonxitude, a temperatura, …
Para medir empregamos diferentes obxectos: cinta métrica, palmos, pés, báscula, cronómetro, …
Medir consiste en comparar. Para comparar usamos unhas unidades: metros, palmos, millas, litros, gramos, libras, segundos, horas, … segundo nos conveñan e tamén, por suposto, segundo a natureza da magnitude medida. (Non podemos medir tempo con gramos)
As magnitudes que se poden medir directamente chámanse magnitudes fundamentais: tempo, masa, lonxitude, temperatura, etc.
A maioría das magnitudes en Física calcúlanse empregando fórmulas matemáticas, non directamente; son magnitudes derivadas ou indirectas.
O aparato co que medimos debe ter dúas características: Exactitude (ben constuído) e fidelidade (que mida sempre igual).
A precisión é a menor cantidade que un aparello pode apreciar. Por exemplo na regra normal é 1mm e no calibre é 0,05mm
Unidades:
Cada magnitude necesita da súa unidade para ser medida. A unidade é unha cantidade que se adopta como patrón para comparar con ela cantidades da misma especie ou natureza.
As unidades escríbense con símbolos que non se poden cambiar, a non ser que deriben dalgún nome propio, que entón escríbense con maiúscula. (Non se pon un punto ao final do símbolo nin tampouco se escriben en plural)
Como existen moitas unidades, creouse o Sistema Internacional (SI) que está basado no sistema métrico decimal (en potencias de 10).
No SI as unidades máis frecuentes son:
Magnitude
|
Unidade
|
Símbolo
|
Masa
|
quilogramo
|
kg
|
Tempo
|
segundo
|
s
|
Lonxitude
|
metro
|
m
|
Superficie
|
metro cadrado
|
m2
|
Volume
|
metro cúbico
|
m3
|
Temperatura
|
grao Kelvin
|
K
|
Forza
|
Newton
|
N
|
Intensidade da corriente
|
amperios
|
A
|
Ademais destas, na nosa vida diaria empregamos outras unidade que non son do SI como: horas, minutos, grao centígrado (ºC), ano luz, micron, tonelada, hectárea, ferrado, …
Nos países anglosaxóns non empregan o SI e empregan outras unidades: libra, iarda, milla, pulgada, …
Múltiplos e submúltiplos das unidades de medida
Empregamos o SI pero ás veces non é práctico. Non debemos medir distancias astronómicas en metros, ou un tempo moi grande en segundos. Para eses casos empregamos os múltiplos (expresan cantidades maiores) ou, para casos contrarios de medidas do diámetro dunha bacteria ou o peso dun anel empregamos os submúltiplos (expresan cantidades menores).
Os múltiplos máis usuais son:
Prefixo
|
Símbolo
|
Equivalencia
|
Tera
|
T
|
1012
|
Xiga
|
G
|
109
|
Mega
|
M
|
106
|
quilo
|
k
|
103
|
hecto
|
h
|
102
|
deca
|
da
|
10
|
E os submúltiplos máis usuais son:
Prefixo
|
Símbolo
|
Equivalencia
|
deci
|
d
|
10-1
|
centi
|
c
|
10-2
|
mili
|
m
|
10-3
|
micro
|
µ
|
10-6
|
nano
|
n
|
10-9
|
pico
|
p
|
10-12
|
A listaxe completa dos prefixos do SI pódese consultar aquí
Algunhas equivalencias de unidades que empregamos e non son do SI:
Magnitude
|
Unidade
|
Equivalencia
|
Tempo
|
minuto (min)
|
1 min = 60 s
|
Tempo
|
hora (h)
|
1 hora = 3600 s
|
Temperatura
|
ºC
|
TK = TC + 273
|
Lonxitude
|
Ano luz
|
1 ano luz = 9,44·1012 km
|
Masa
|
quintal (q)
|
1 q = 100 kg
|
Masa
|
tonelada (t)
|
1 t = 1000 kg
|
Superficie
|
área (a)
|
1 a = 1 dam2
|
Volume
|
litro (l ou L)
|
1 l = 1 dm3
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario